Visor Xeográfico de instrumentos de recuperación da terra agraria

O visor xeográfico ofrece acceso á información máis relevante dos instrumentos definidos na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Esta información inclúe, entre outra, a correspondente a polígonos agroforestais, aldeas modelo e zonas de actuación preferente.

A información dispoñible aumentará conforme se avance no desenvolvemento da Lei.