Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
José González remarcou o esforzo do Goberno galego na erradicación desta planta, que ocupa preto de 60 das 145,6 hectáreas de superficie do polígono situado na localidade ourensá de Leiro. Destacou tamén a importancia desta actuación, pioneira en enfoque e dimensións, no reforzo da protección da bisbarra do Ribeiro fronte os incendios forestais. Trasladou ademais que tamén se actuou en case seis quilómetros e medio de camiños, para recuperar e mellorar as comunicacións no interior do perímetro. No polígono, que terá unha orientación principal cara viñedo dentro da denominación de orixe Ribeiro, identificáronse xa mediante a investigación da propiedade 183 parcelas de 113 propietarios, o que supón 63 das 145,6 ha que o conforman (un 43%).
Mediante unha plataforma intelixente de apertura e videoseguimento, mellórase e amplíase a accesibilidade dos visitantes a diferentes lugares de interese turístico e cultural. Nesta rede de museos están o Centro de interpretación das Covas das Montañas do Courel (Folgoso do Courel), a aula da natureza Brañas de Valga (Mesía), a Basílica da Asunción (Allariz) e o Centro de interpretación do Río Sil en Torbeo (Ribas de Sil). Na última convocatoria de axudas para proxectos de cooperación, como é o caso que nos ocupa, a Consellería do Medio Rural destinou preto de un millón de euros para que os 24 grupos de desenvolvemento rural puideran colaborar entre si.
Paxinación
