Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse hoxe co alcalde de Frades, Roberto Rey, para abordar diferentes asuntos relacionados coa mellora do agro neste municipio coruñés.

O procedemento deste acordo marco pretende seleccionar a un máximo de 10 empresas co fin de que realicen traballos de carácter técnico e xurídico para o apoio aos servizos técnicos e medio propios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Os labores centraranse naqueles necesarios para a posta en marcha dos polígonos agroforestais e que se atopan recollidos na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia.

O conselleiro do Medio Rural visitou as actuacións, integradas no Plan de pastos que prevé poñer en valor máis de 4.400 hectáreas cun investimento de 9,5 millóns de euros. No percorrido tamén supervisou as obras de mellora de infraestruturas financiadas pola Consellería do Medio Rural neste concello pontevedrés.

O polígono que se proxecta desenvolver implicaría 407 parcelas de 261 titulares, xerando actividade económica e mellorando a rendibilidade das actividades agrarias. En Galicia hai 24 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de máis de 7.900 veciños. Galicia conta tamén con 21 aldeas modelo declaradas, das cales a de Ferreiros -no concello de Ames- é a única da provincia da Coruña.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas