Novas

O polígono que se proxecta implementar implicaría 351 parcelas de 115 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. En Galicia hai 24 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, que suporán a posta en valor de preto de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 28.600 parcelas propiedade de preto de 7.800 veciños. Tres dos polígonos atópanse na provincia de Pontevedra, o de Vilalén-Tomonde (en Cerdedo-Cotobade), o de Mandelos (en Crecente) e o de Panascos (en Tomiño).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se abre o prazo para presentar solicitudes para o aproveitamento de parcelas incorporadas nesta aldea modelo de Infesta.Os interesados terán 15 días para presentar as súas solicitudes, dende o 19 de agosto ata o 4 de setembro.

O polígono constará de 29,75 hectáreas, que se prevén destinar aos usos agroforestais que mellor se adapten ás condicións agronómicas. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.

O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde deste concello coruñés, Roberto Rey, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas relativas ao agro.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas