Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse en San Caetano co alcalde desta localidade coruñesa, Alexander Doval, para coñecer as súas necesidades e demandas. Na xuntanza tamén participaron a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.
A directora xeral definiunas como unha ferramenta eficaz para a mobilización de terras neste municipio no que xa se impulsaron arredor de 400 hectáreas. Trátase de acordos entre propietarios de predios rústicos para o seu intercambio consensuado, co fin de mellorar a competitividade das explotacións desas áreas rurais.
Inés Santé destacou que, grazas a este traballo -dotado dun investimento que superou o medio millón de euros-, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 6.671 a 22.230 metros cadrados e de 511 predios a 151 parcelas finais. Puxo en valor que desde o ano 2020, a Xunta rematou un total de 28 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 19.078 hectáreas, beneficiando máis de 13.300 propietarios. Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, en algo máis de dous anos de vixencia, se están mobilizando arredor de 10.000 hectáreas en toda Galicia.
José González reuniuse esta mañá con veciños deste municipio para abordar esta cuestión e resolver as súas dúbidas. Esta iniciativa permitirá mobilizar preto de 100 hectáreas, divididas en 143 parcelas de 33 propietarios.
Paxinación
