Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou as instalacións de Amicos, asociación sen ánimo de lucro dedicada á atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias. Inés Santé coñeceu o importante labor que vén desenvolvendo esta asociación e destacou o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas, un respaldo que, entre outras cousas, se plasmou na concesión do 1º premio Agader a Amicos no ano 2017. Ademais, a través do Leader, a entidade recibiu axudas por importe de preto de 400.000 euros que axudaron a financiar a súa actividade.

José González reuniuse esta mañá con veciños deste municipio para abordar esta cuestión e resolver as súas dúbidas. O polígono, que entre a súa primeira e segunda fase abarcará tanto o concello da Peroxa como o de Carballedo, permitirá mobilizar máis de 25 hectáreas, distribuídas en 195 parcelas duns 49 propietarios. Este futuro polígono sumaríanse ao outro xa implantado neste concello, o de Mirallos, que conta con 44,52 hectáreas, divididas en 193 parcelas de 65 titulares, cuxo uso principal está dedicado á gandaría en extensivo e que se atopa con acordo de inicio.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Administración autonómica investigará a titularidade de 16 inmobles situados na aldea modelo de Francos de Proendos, 12 inmobles na aldea modelo de Covelo e 24 na aldea modelo de Carzoá.

Catalógase deste xeito pola súa contribución á prevención de incendios forestais e á dinamización poboacional dos núcleos nos que se atopan. Un grupo de 20 expertos visitaron a aldea modelo de Penedo no concello ourensán de Boborás, no marco dun grupo focal para indetificar e analizar enfoques para reducir o abandono de terras.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas