Novas

Segundo o último informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras, no 2021 acadáronse transaccións con 18.820 hectáreas implicadas (6.124 ha de superficie agraria útil e 12.696 ha de monte), cun valor económico de 230 millóns de euros. Comparando o bienio 2020-2021 co anterior, o incremento da superficie transaccionada foi dun 54%, cun tamaño medio de parcela de aproximadamente 0,3 hectáreas. O número de operacións ascendeu a 66.926, das cales 24.174 pertencen a superficie agraria útil e 42.752 son de monte

Resólvese a solicitude de cobertura mediante comisión de servizos/adscrición temporal do posto de Subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

Resólvese a solicitude de cobertura mediante comisión de servizos/adscrición temporal do posto de Subdirector/a de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

José González e o alcalde visitaron a posible localización para este novo polígono, que se dedicaría á gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle. Lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas