Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral indicou que precisamente hoxe é un día especial para falar do futuro do programa Leader, xa que é o día no que se asinaron as addendas aos convenios cos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia. Afirmou que isto asegura o financiamento necesario durante o ano que vén para que o equipo de 63 técnicos que traballan pegados ao territorio poidan seguir facéndoo, ao tempo que traballan en novas estratexias para o próximo período. Asegurou que os GDR contan cunha axuda de 35.000 euros cada un para a elaboración destas estratexias, que ascende a un total de 840.000 euros, un orzamento que triplica o que tiveron en 2016 para a elaboración das estratexias actuais
A axuda foi concedida ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade destas achegas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme ou a limpeza das marxes
Para este traballo cada grupo recibe unha axuda pública de 35.000 euros e contan coa colaboración e asesoramento das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. O proxecto “Aldeas Intelixentes: solucións de futuro para aldeas sustentables” ten previsto o lanzamento de procedementos de compra pública por un valor inicial de 5 millóns de euros no próximo ano. Representantes de sete GDR da Cerdeña están a visitar estes días Galicia para coñecer de preto diferentes experiencias turísticas, entre as cales se atopa unha en Boqueixón que foi beneficiaria dunha axuda Leader
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe en Sarreaus á presentación da iniciativa “Aterra. Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. Esta iniciativa inclúe un visor xeográfico para localizar demanda e oferta de terra agraria, o que contribuirá a poñer en valor as terras que están actualmente en desuso
Paxinación
