Novas

A axuda foi concedida ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade destas achegas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme ou a limpeza das marxes

Para este traballo cada grupo recibe unha axuda pública de 35.000 euros e contan coa colaboración e asesoramento das universidades de Santiago de Compostela e Vigo. O proxecto “Aldeas Intelixentes: solucións de futuro para aldeas sustentables” ten previsto o lanzamento de procedementos de compra pública por un valor inicial de 5 millóns de euros no próximo ano. Representantes de sete GDR da Cerdeña están a visitar estes días Galicia para coñecer de preto diferentes experiencias turísticas, entre as cales se atopa unha en Boqueixón que foi beneficiaria dunha axuda Leader

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe en Sarreaus á presentación da iniciativa “Aterra. Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. Esta iniciativa inclúe un visor xeográfico para localizar demanda e oferta de terra agraria, o que contribuirá a poñer en valor as terras que están actualmente en desuso

José González salientou que o polígono abrangue unha superficie de case 22 hectáreas e que a súa principal orientación produtiva é cara a cultivos de horta, como os da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, e leñosos. Destacou que este polígono súmase a outros 14 xa iniciados ou en actuacións previas na provincia ourensá, que representan a maioría dos 21 abertos no conxunto de Galicia. Puxo en valor o esforzo orzamentario da Xunta para impulsar estes instrumentos da Lei de recuperación, indicando que nos presupostos de 2023 destinaranse 5,9 millóns de euros ao seu desenvolvemento, o que supón un 11 % máis de fondos ca no 2022

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas