Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A parcelaria de Petín-A Portela de Portomourisco, en Petín, prevé reorganizar 203 hectáreas de superficie divididas en 2.188 parcelas, mellorando a estrutura territorial da zona e beneficiando 619 propietarios. O proceso de Soutochao, en Vilardevós prevé reestruturar 711 hectáreas de superficie divididas en 3.285 parcelas, propiedade de 714 veciños. Estes procesos forman parte dos 28 decretados en toda Galicia desde 2021, que abarcan máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 propietarios. Entre os anos 2020 e o que levamos de 2023 rematáronse 25 novas concentracións parcelarias en Galicia, que abarcan un total 18.000 hectáreas, beneficiando preto de 12.500 titulares.
A obra consiste no acondicionamento do camiño de titularidade municipal de Frechazo Último a Leiras, cunha lonxitude total de actuación de 2.135 metros lineais. Esta axuda vén a complementar as recibidas nos últimos anos ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, que ascenden a 400.000 euros desde 2018. Está aberto o prazo para solicitar as achegas da nova convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, o cal está dotado con preto de 18 millóns de euros. A Consellería do Medio Rural está traballando nun Plan extraordinario para arranxar camiños en concentracións parcelarias, dotado con 6 millóns de euros.
O mapa está colgado na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os veciños poidan presentar as observacións pertinentes no prazo máximo de tres meses.
Este polígono mobilizará algo máis de 45 hectáreas de superficie, divididas en 391 parcelas propiedade de 183 veciños. A súa guía produtiva establece como usos ou actividades principais os cultivos leñosos -como viñedo-, de ciclo curto -hortícolas- e sistemas agroforestais. Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales tres -incluíndo o de Crecente- se atopan na provincia de Pontevedra. Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria. O conselleiro tamén participou esta mañá nunha charla informativa sobre as medidas de apoio que adoptou a Xunta para facer fronte á Flavescencia Dourada da vide, celebrada en Crecente para os viticultores da zona e outros interesados.
Paxinación
