Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou nun relatorio no marco das xornadas A transición ecolóxica no condado Paradanta, organizadas polo GDR local. Inés Santé explicou o futuro Mapa de usos agroforestais de Galicia, que reflectirá o emprego das terras agroforestais e servirá de base para planificar as actuacións das administracións públicas na materia. Tamén abordou o Catálogo de solos agropecuarios e forestais, un instrumento que clasificará a totalidade dos terreos agroforestais e agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial. Con respecto á mobilidade de terras, a directora xeral destacou os diversos instrumentos xa en funcionamento que brinda a Lei de recuperación como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario.

O polígono constará de case 100 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.

José González asegurou que a través de figuras como as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como mediante concentracións parcelarias, desde o ano 2020 puxéronse en valor arredor de 35.000 hectáreas na Comunidade. Nesa liña, apuntou que a Lei de recuperación traballa da man da Lei de mellora da estrutura territorial de Galicia, buscando dinamizar o territorio e reforzar a viabilidade económica das explotacións mediante o aumento da súa base territorial. No marco dos traballos para a posta en valor da terra, tamén se referiu ao Plan de pastos ou ao Programa de recuperación de soutos tradicionais.

O polígono constará de case 52 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas