Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Trátase do borrador de guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei) e dos borradores de proxecto de ordenación produtiva das de Ferreiros (Ames), Cortegazas (Avión) e Soutogrande (Vilariño de Conso). Son documentos técnicos nos que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. O prazo de presentación de observacións e achegas é dun mes a partir de mañá, día seguinte da publicación no DOG.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 2ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas. Inés Santé puxo en valor a experiencia galega coa Lei de recuperación da terra agraria e lembrou que mediante os seus diferentes instrumentos téñense mobilizado arredor de 10.000 hectáreas de superficie de calidade nos seus dous anos de vixencia.
En Baleira, entregáronse os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Fonteo, que afectou a unha superficie de 145 hectáreas, pertencentes a 112 veciños.
Resolución do 6 de maio do 2023, da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso en diversas categorías profesionais na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Paxinación
