Novas

O polígono que se proxecta implementar implicaría 143 parcelas de 33 veciños, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. Este polígono de Xesto súmase ás outras figuras da Lei de recuperación implantadas na comarca de Terra de Lemos, como son o polígono agroforestal de Bóveda e as aldeas modelo da Pobra do Brollón e Sober. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, con preto de 9.000 hectáreas implicadas.

O DOG publica hoxe o acordo para impulsar este polígono de Prado, que suporá a mobilización de 160 hectáreas de 372 propietarios, distribuídas en 1.685 parcelas. Esta actuación, xunto cos polígonos de Leiro e da Arnoia, suporá en conxunto a mobilización de máis de 500 hectáreas agrícolas e forestais, que estarán dedicadas preferentemente a viñedo para a denominación de orixe (DO) Ribeiro. A día de hoxe, existen en Galicia 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, mobilizando preto de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 28.000 parcelas propiedade duns 7.500 veciños.

O polígono que se proxecta implementar implicaría 496 parcelas de 241 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. Este polígono súmase ao de Vences, tamén aquí en Monterrei, que está a mobilizar 22,44 hectáreas, divididas en 535 parcelas de 331 propietarios; e á aldea modelo de Infesta, cunha superficie de máis de 36 hectáreas, distribuídas en 930 parcelas de 232 propietarios. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, dos que 15 se atopan na provincia de Ourense.

Os 24 grupos de desenvolvemento rural que xa foron preseleccionados continúan coa preparación das súas estratexias e para iso contan con 35.000 euros cada un, o triplo que no ano 2016. O Bono Activa Rural supón unha das principais novidades que poderán incluír as novas estratexias dos GDR para o período 2023-2027 a través dunha axuda a tanto alzado de ata 18.000 euros.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas