Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento. Trátase das aldeas modelo Francos de Proendos (Sober); Covelo (Taboadela); Carzoá (Cualedro), O Seixo (A Gudiña) e Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade). Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, onde se establecen as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución do Programa Leader. Os 24 grupos de desenvolvemento rural que xa foron preseleccionados continúan coa preparación das súas estratexias e para iso contan con 35.000 euros cada un, o triplo que no ano 2016. As axudas para os proxectos subvencionables poderán alcanzar os 200.000 euros, nunha porcentaxe máxima do 50 % do investimento no caso dos proxectos produtivos e do 90 % nos non produtivos.
O DOG publica hoxe os tres decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 300 hectáreas, algo máis de 1.600 parcelas e preto de 800 propietarios. Elévase así a 11 o número de polígonos de iniciativa pública declarados na nosa comunidade ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 13 xa iniciados e oito en fase de actuacións previas, que suman unhas 8.900 hectáreas, con máis de 26.000 parcelas involucradas e máis de 7.000 propietarios implicados.
José González reafirmou o compromiso do Goberno galego coa iniciativa a través da construción de pozos para a captación de augas subterráneas e da instalación prevista da infraestrutura de bombeo de ditos pozos. Insistiu en que as administracións cumpran os compromisos adquiridos de cara á modernización dos regadíos, que no caso do Goberno central foi o de asumir o 80 % do investimento necesario para o proxecto.
Paxinación
