Novas

O conselleiro do Medio Rural comprometeuse co alcalde desta localidade lucense a financiar estes traballos, nunha xuntanza nos últimos días na que estiveron acompañados pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Con estas actuacións búscase mellorar infraestruturas para satisfacer as necesidades da veciñanza, mellorando as súas condicións de vida e potenciando e estimulando o seu arraigamento sobre o territorio.

O subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 1ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas. Puxo en valor as aldeas modelo e polígonos agroforestais, que en menos de dous anos están a mobilizar arredor de 10.000 hectáreas a través de 21 polígonos agroforestais e outras tantas aldeas modelo en Galicia, ademais de mediante permutas.

Na aldea modelo de Carzoá, en Cualedro, perfílase como actividade principal os cultivos de horta e de ciclo curto e explotación gandeira. Na aldea do Seixo, na Gudiña, establécese como actividade principal o aproveitamento de gando en extensivo compatible coas importantes masas de frondosas caducifolias existentes, cultivos complementarios ao gando e aproveitamento apícola.

A aldea modelo de Trascastro foi a primeira decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas dividida en 136 parcelas, propiedade de 82 veciños. Nesta aldea estase a desenvolver un proxecto piloto de Plan de dinamización do núcleo rural, a cargo da Fundación RIA, fundada polo arquitecto David Chipperfield, co que se busca reformar o seu núcleo rural. Ademais, no marco dos traballos de dinamización, estase acometendo a rehabilitación de dous apartamentos turísticos ao abeiro dunha axuda da Consellería do Medio Rural para proxectos de investimentos en actividades non agrícolas.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas