Novas

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais. Puxo en valor que entre o ano 2020 e o que vai de 2022, a Xunta rematou un total de 24 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 17.400 hectáreas, beneficiando preto de 11.300 propietarios. Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, só no primeiro ano de vixencia, se están mobilizando máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia

Ambos directores xerais defenderon a importancia da ordenación do territorio como elemento imprescindible para reducir o risco de incendios, mitigar o seu impacto e axudar ao seu control. A Lei de recuperación brinda varios instrumentos como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo, cuxa eficacia puido comprobarse este verán coa aldea de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, onde os pasteiros frearon o avance do lume

A directora xeral indicou que precisamente hoxe é un día especial para falar do futuro do programa Leader, xa que é o día no que se asinaron as addendas aos convenios cos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia. Afirmou que isto asegura o financiamento necesario durante o ano que vén para que o equipo de 63 técnicos que traballan pegados ao territorio poidan seguir facéndoo, ao tempo que traballan en novas estratexias para o próximo período. Asegurou que os GDR contan cunha axuda de 35.000 euros cada un para a elaboración destas estratexias, que ascende a un total de 840.000 euros, un orzamento que triplica o que tiveron en 2016 para a elaboración das estratexias actuais

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas