Novas

O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron un encontro coa alcaldesa desta localidade coruñesa, María Jesús Novo

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados. Desde a entrada en vigor da norma -en maio de 2021- arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria

O Plan establece unha serie de obxectivos específicos concretados en cinco eixes estratéxicos e divididos en 37 propostas de actuación. Continuarase a traballar no desenvolvemento dos polígonos agroforestais, das aldeas modelo, das permutas de especial interese agrario e das agrupacións de xestión conxunta, así como no Plan de pastos ou na recuperación de soutos tradicionais. Ademais, finalizarase a elaboración do Mapa de usos agroforestais, proseguirá a mellora do Banco de terras e poñerase en marcha o sistema informático para a xestión do Banco de explotacións, co fin de garantir a remuda xeracional no sector primario

O balance faise tras rematar a finais de xaneiro o prazo de solicitudes para esta convocatoria, que conta cun orzamento de 15,3 millóns de euros. Destas iniciativas, máis do 57 % corresponden a proxectos produtivos e por riba do 42 % a non produtivos. No período de execución 2014-2020, o Leader supuxo a mobilización de máis de 169 millóns de euros e unha axuda pública no rural galego de 71,5 millóns de euros, coa creación de preto de 1.000 postos de traballo directos. Avaliouse cos GDR o calendario para a aprobación das súas novas Estratexias de Desenvolvemento Local para o próximo período 2023-2027 de cara á súa aprobación en agosto cun orzamento de 840.000 euros, que triplica o do anterior período

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas