Novas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, que busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural e promover novas actividades empresariais en aldeas modelo. As solicitudes de subvención poderán presentarse no prazo dun mes contando a partir de mañá

Xunto con técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a delegación europea visitou esta semana a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás. Este grupo de 20 expertos de toda Europa traballará, neste primeiro semestre de 2023, para identificar e analizar enfoques e iniciativas coas que reducir o abandono de terras agrarias, así como recuperar aquelas xa abandonadas. A Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022

A estadía deste grupo castelán-leonés, encabezado polo director general de Patrimonio Natural y Política Forestal, céntrase en ámbitos como o desenvolvemento rural e o eido forestal, incluída a loita contra os lumes. A visita, que se prolongará ata mañá martes, arranca hoxe con percorridos por dúas aldeas modelo da provincia de Ourense (Meixide-A Veiga e Penedo-Boborás) e encontros de traballo con diferentes responsables da Consellería do Medio Rural

Publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada

Os interesados teñen un mes de prazo para presentar as súas candidaturas con iniciativas que deben estar concluídas con carácter previo a esta publicación no DOG

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas