Novas

Esta aldea conta cunha superficie de 23,41 hectáreas e de 665 parcelas de 131 propietarios. A súa orientación produtiva céntrase no porco silleiro en extensivo así como da produción da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular. José González salientou que desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas. As solicitudes de subvención poderán presentarse no prazo dun mes contando a partir de mañá

José González puido comprobar a eficacia deste sistema de mobilización de terras impulsado nunhas 400 hectáreas do concello e anunciou que este ano comezará un novo proxecto que consistirá en aplicar este sistema de permutas en tres zonas piloto. Avanzou que estas permutas declararanse de especial interese agrario, o que suporá distintas vantaxes, entre elas unha liña de axudas para financiar os gastos notariais e de inscrición no rexistro da propiedade destas permutas. Tamén visitará a zona da nova parcelaria decretada en abril de 2021 na zona de San Xoán de Seoane da Pregación, que reorganizará unha superficie de case 400 hectáreas

José González lembrou que hoxe, precisamente, remata o prazo de presentación de solicitudes na última convocatoria desta medida, cun orzamento conxunto de 15,3 millóns de euros para as anualidades de 2023 e 2024. Subliñou que no período 2014-2020 foron aprobados ao abeiro do Leader case 1.500 proxectos, que mobilizaron preto de 170 millóns, cunha axuda pública de 71,5 millóns de euros, a consolidación de 3.256 empregos e a creación doutros 933 novos postos. O complexo rural visitado hoxe contou cunha axuda de 97.000 euros para un orzamento que superou os 305.000 e salienta por contar con ata seis cabanas situadas nas árbores

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas