Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe en Sarreaus á presentación da iniciativa “Aterra. Recuperar a terra. Deseñar o futuro”, do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia. Esta iniciativa inclúe un visor xeográfico para localizar demanda e oferta de terra agraria, o que contribuirá a poñer en valor as terras que están actualmente en desuso

José González salientou que o polígono abrangue unha superficie de case 22 hectáreas e que a súa principal orientación produtiva é cara a cultivos de horta, como os da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, e leñosos. Destacou que este polígono súmase a outros 14 xa iniciados ou en actuacións previas na provincia ourensá, que representan a maioría dos 21 abertos no conxunto de Galicia. Puxo en valor o esforzo orzamentario da Xunta para impulsar estes instrumentos da Lei de recuperación, indicando que nos presupostos de 2023 destinaranse 5,9 millóns de euros ao seu desenvolvemento, o que supón un 11 % máis de fondos ca no 2022

Inés Santé trasladou que a Consellería do Medio Rural contratou xa esta identificación, dando así cumprimento ao establecido pola Lei de recuperación da terra agraria. Explicou que o concepto de infraestrutura verde está sendo adoptado nas diferentes políticas e estratexias de xestión territorial como un instrumento para asegurar os servizos ecosistémicos requiridos para o benestar humano e a calidade de vida

José González amosou o seu “orgullo rural” por ver que cada ano se presentan propostas novas, algo que identificou como “un signo de que realmente existe un desenvolvemento rural na nosa comunidade”. O conselleiro puxo en valor as preto de 60 propostas presentadas, repartidas nas diferentes categorías, e felicitou un por un os galardoados, glosando a súa achega ao desenvolvemento rural de Galicia

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas