Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Inés Santé estivo acompañada neste acto polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. A representante da Consellería do Medio Rural incidiu en que o obxectivo da Xunta é consolidar a primeira rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, co fin de impulsar a súa recuperación integral. Puxo en valor que as aldeas modelo pasarán a estar completamente rehabilitadas a través da posta en marcha dun Plan de dinamización do núcleo urbano, cun Plan integrado de dinamización turística
Segundo o tratado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde da localidade ourensá, poderían situarse nas parroquias de Aguís e Pexeiros
José González definiu esta rede coma o xermolo do futuro rural, no que haberá “máis oportunidades para todos, máis liberdade de acción de onde e como vivir, e un porvir sustentable para as vindeiras xeracións. Destacou que esta aposta parte dun investimento de máis de cinco millóns de euros de fondos propios, orientando a achega pública e privada a mellorar a infraestrutura física virtual e os servizos no medio rural por medio de innovadoras ideas. Apuntou que se agarda incrementar este orzamento con outras fontes de financiamento, como as vinculadas aos Next Generation ou ao programa FID (Fomento de Innovación dende a Demanda) do Ministerio de Ciencia e Innovación
Unha delegación da Comunidade Intermunicipal Tâmega e Sousa, que agrupa 11 municipios do norte luso, viaxou ao concello ourensán da Veiga para afondar neste proxecto da Consellería do Medio Rural e para coñecer a aldea modelo de Meixide. Precisamente, a iniciativa das aldeas intelixentes vén de ser recoñecida polos enxeñeiros de telecomunicacións de Galicia como o mellor proxecto TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para a sustentabilidade e coidado da terra 2022
Paxinación
