Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Nas tres últimas décadas, o programa Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos. Subliña que o impulso do desenvolvemento rural é unha prioridade para a Xunta: “Entre todos estamos a construír un rural de futuro”
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou ambos proxectos na mesa de diálogo celebrada no marco do festival New European Bauhauss Galicia
Trátase das primeiras cinco aldeas declaradas tras a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e ás que se lle aplicará esta novidade, que implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para a tramitación de urxencia do seu procedemento e dos informes ambientais e sectoriais respectivos. Entre todas elas, conseguirán poñer en valor máis de 130 hectáreas arredor dos núcleos de poboación que buscan dinamizar, con case 1.400 parcelas implicadas de preto de 600 propietarios. Mediante estes instrumentos, perséguese avanzar na procura da recuperación da actividade económica e social dos terreos de antigo uso agrícola, gandeiro e forestal, así como dos núcleos incluídos neles
O proxecto básico é un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal. A revisión do parcelario é a primeira das actuacións do proxecto básico e consiste na comprobación sobre o terreo da precisión do parcelario existente mediante revisión das estremas das parcelas. Unha vez elaborado o plano parcelario, someterase a exposición pública durante 20 días hábiles na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de anuncios do concello no que se localice o polígono agroforestal
Paxinación
