Novas

Inés Santé referiuse aos polígonos agroforestais impulsados en Cerdedo-Cotobade, Crecente e Tomiño, á aldea modelo aprobada no primeiro destes municipios e á que está en fase de recollida de sinaturas nas Neves. Asegurou que estas ferramentas recollidas na Lei de recuperación están poñendo en valor grandes superficies de terreo ou a contorna de núcleos de poboación, xerando actividade económica que contribúe a fixar poboación e a anticiparse aos incendios. En toda Galicia, estanse mobilizando máis de 9.300 hectáreas a través de 21 polígonos e doutras tantas aldeas modelo, beneficiando máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tres decretos da Consellería do Medio Rural que buscan axilizar a tramitación destas aldeas. Entre todas elas, porán en valor máis de 57 hectáreas arredor dos núcleos de poboación que buscan dinamizar, con case un milleiro de parcelas implicadas de preto de 200 propietarios. Actualmente hai 21 aldeas modelo en Galicia para recuperar case 600 ha distribuídas en máis de 9.000 predios de máis de 2.000 titulares, co obxecto de xerar actividade económica que contribúa a fixar poboación e a avanzar na anticipación aos lumes

Inés Santé referiuse aos 5,9 millóns de euros para desenvolver instrumentos da Lei, aos case 2,2 millóns para plans de dinamización dos núcleos rurais das aldeas modelo ou aos máis de 2 millóns para infraestruturas de aldeas e polígonos agroforestais. No eido da dinamización do territorio rural, citou os case 19,7 millóns de euros do Plan de mellora de camiños municipais ou os preto de 3,9 millóns para a creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas. Ao abeiro do programa Leader, aludiu a un presuposto de 16,4 millóns de euros, para financiar proxectos dos grupos de desenvolvemento rural da comunidade, para garantir o seu funcionamento ou para dar pulo á cooperación

O DOG publica hoxe os seis decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 420 hectáreas, preto de 3.700 parcelas e máis de 1.300 propietarios. Elévase así a oito o número de polígonos de iniciativa pública declarados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, tras os de Cualedro e Oímbra que actualmente se atopan na fase de redacción do proxecto básico. O estudo de viabilidade aprobado en cada caso determinou os usos e actividades admisibles, entre os que destacan os cultivos leñosos ou de horta e os sistemas agroforestais. A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 10 xa iniciados e 11 en fase de actuacións previas

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas