Novas

Recollida na Lei de recuperación da terra, esta figura busca fomentar actividades agrarias innovadoras con técnicas de produción sustentables, que promovan a economía circular ou as cadeas curtas de comercialización.

Neste caso, a iniciativa dedicarase á agricultura ecolóxica -especialmente a cultivos de horta- nunha área de 15 hectáreas da aldea modelo, que consta de 29,14 ha.

Para o resto da superficie, abrirase un novo procedemento de concorrencia competitiva para seleccionar propostas de aproveitamento de gandaría en extensivo.

O DOG publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural sobre esta convocatoria, orientada á posta en marcha de actividades empresariais en aldeas modelo e á ampliación e modernización de empresas con maquinaria e equipamento.

Desde 2016 destinouse un orzamento total de máis de 15 millóns de euros, que contribuíu a crear 337 novos postos de traballo e a consolidar outros 2.576 empregos.

Estas axudas apostan polo reforzamento do tecido empresarial no medio rural, coa finalidade de xerar as condicións necesarias para crear e consolidar emprego e afianzar poboación.

A posibilidade de desenvolver esta figura da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia foi trasladada polo rexedor aos responsables da Consellería, que se comprometeron a estudar a súa viabilidade. A iniciativa pretende poñer en valor zonas de concentración parcelaria abandonadas, tendo en conta as áreas identificadas como zonas preferentes de actuación por parte de Medio Rural

Inés Santé explicou as vantaxes da compra ou arrendamento de terreo, mediante figuras como os polígonos agroforestais e as aldeas modelo. Tamén lembrou que a Lei de recuperación inclúe medidas que favorecen a recuperación e reordenación das parcelas, como incentivos fiscais ou a posta en marcha dun Mapa de usos agroforestais e dun Catálogo de solos agropecuarios e forestais

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas