Novas

Traballarase na revitalización dun souto de castiñeiros en estado de abandono ao abeiro da Lei de recuperación e tamén seguirán impulsándose diferentes pasteiros no termo municipal, na liña do que se está piques de rematar, de case 31 hectáreas

Mediante este proceso de reorganización do territorio, que abarca unha superficie de case 615 hectáreas, triplicouse a superficie media das parcelas resultantes. Desde o ano 2020, a Xunta entregou preto de 18.500 títulos de 17 concentracións parcelarias que beneficiaron a 7.750 propietarios, incluíndo a de hoxe. No ano 2021 decretáronse cinco novos procesos nos municipios de Outeiro de Rei, Ordes, Friol e Castro de Rei

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural presidiu o acto que tivo lugar na Cidade da Cultura. Na primeira consulta preliminar, 124 pemes e 44 corporacións presentaron un total de 168 propostas coas que dar resposta a un ou a varios dos retos propostos pola Consellería do Medio Rural. Inés Santé instou agora a remitir proxectos para avanzar na xestión intelixente de servizos, na valorización de produtos agroalimentarios, nas decisións para actividades agrarias ou nun sistema enerxético integral

Inés Santé tratou coa rexedora a posibilidade de avanzar na rede de infraestruturas de ocio deste municipio. No encontro abordáronse as oportunidades de dinamización do territorio que ofrece o programa Leader, neste caso, no marco dos proxectos non produtivos que representan un interese público, social ou colectivo para a zona na que se rexistran. A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, que abrangue 15 concellos incluído Oia, promoveu un total de 51 proxectos que foron aprobados no período 2014-2020 cunha achega pública superior aos 3,3 millóns de euros

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas