Novas

O Concello está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando por estes cultivos no lugar de Matelo

González explicou que xa se conta cun investimento de 17 millóns de euros (IVE engadido) enfocados á posta en valor turística do castelo de Monterrei e que, no marco dos fondos Next Generation, proponse ampliar esta dotación con outros 15 millóns adicionais. O Plan Monterrei é un piloto pensado para ampliar posteriormente a toda Galicia, como Proxecto tractor de recuperación integral e sustentable do rural galego

Segundo a solicitude do Concello, esta figura é idónea para a zona de reestruturación parcelaria de Soutopenedo, que se atopa en estado de abandono. Trátase dun dos instrumentos claves recollidos na Lei de recuperación para a posta en valor de terras abandonadas ou infrautilizadas, xunto coas aldeas modelo e as agrupacións de xestión conxunta

José González destacou a importancia das ferramentas da lei, como o polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, para avanzar na recuperación da actividade económica e social dos terreos en situación de abandono e infrautilización, así como dos núcleos incluídos nestes. Lembrou que Galicia conta xa con 19 aldeas modelo aprobadas, que abranguen máis de 500 hectáreas, e con 14 polígonos agroforestais en diferentes fases de execución, que suporán actuar en arredor de 4.400 hectáreas de superficie.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas