Novas

No caso da de San Tomé, prevese rematar este ano os camiños secundarios que contan cun investimento de 1,2 millóns de euros, na de Cartelle culminarase a revisión cartográfica do acordo e na de Santa Baia daráselle firmeza ás bases. No encontro tamén se tratou a colaboración entre ambas administracións de cara á anticipación aos incendios forestais e en materia de infraestruturas rurais

O Concello está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando por estes cultivos no lugar de Matelo

González explicou que xa se conta cun investimento de 17 millóns de euros (IVE engadido) enfocados á posta en valor turística do castelo de Monterrei e que, no marco dos fondos Next Generation, proponse ampliar esta dotación con outros 15 millóns adicionais. O Plan Monterrei é un piloto pensado para ampliar posteriormente a toda Galicia, como Proxecto tractor de recuperación integral e sustentable do rural galego

Segundo a solicitude do Concello, esta figura é idónea para a zona de reestruturación parcelaria de Soutopenedo, que se atopa en estado de abandono. Trátase dun dos instrumentos claves recollidos na Lei de recuperación para a posta en valor de terras abandonadas ou infrautilizadas, xunto coas aldeas modelo e as agrupacións de xestión conxunta

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas