Novas

Alejandro Sánchez de Dios destacou as posibilidades de dinamización social e económica que ofrece esta figura que xa está servindo para poñer en valor 19 núcleos de poboación galegos, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. No encontro, participan representantes do Goberno central e das comunidades asturiana, cántabra e galega, así como do executivo do veciño Portugal, para analizar o papel que xogan as aldeas na xestión do territorio ou da produción local

A benvida aos participantes neste evento, que se desenvolve no pazo de Xerlís, na Estrada, correu a cargo da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O programa de actos inclúe charlas, mesas redondas, encontros de negocio e conversas entre expertos na materia, xunto con degustacións comentadas de produtos galegos de calidade diferenciada

O programa do evento -que ten un aforo limitado- abrangue charlas, mesas redondas, encontros de negocio e conversas entre expertos na materia, así como degustacións comentadas de produtos galegos de calidade diferenciada e outras citas lúdicas. Todos os actos poderán seguirse, na súa integridade, a través da realidade virtual mediante vídeos 360 en Youtube, sendo este o primeiro evento destas características que incorpora esta posibilidade

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas