Novas

No caso de Viladonga, confirmóuselle ao rexedor que nas próximas semanas se contratará a redacción das bases, mentres no caso de Triabá se está traballando no proxecto da rede principal de camiños.
No encontro tamén se tratou a colaboración entre ambas administracións de cara á anticipación aos incendios forestais

Así llo confirmou o conselleiro do Medio Rural ao alcalde deste municipio pontevedrés nunha xuntanza en San Caetano na que tamén participaron os directores xerais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e de Defensa do Monte. O polígono terá unha superficie de arredor de 45 hectáreas, repartidas en 391 parcelas

Esta figura de posta en valor abrangue unha superficie de 71,25 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se persegue dinamizar, distribuídas en 646 parcelas de 151 propietarios
Actualmente hai 19 aldeas modelo aprobadas en Galicia co obxecto de xerar actividade económica no rural que contribúa a fixar poboación e a anticiparse aos incendios forestais

Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais -que poden combinar todos os usos agrarios para unha maior rendibilidade-, así como ás agrupación forestais de xestión conxunta. Así mesmo, puxo en valor o proxecto “Son de monte”, que recibiu unha axuda de 72.000 euros do programa Leader co obxecto de que un total de seis grupos de desenvolvemento rural colaboren para a valorización da cultura vinculada ao monte

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas