Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Este proceso reorganizou unha superficie de 229 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Pasouse de 735 parcelas a 188 predios finais, cuadriplicando así a superficie media das fincas e mellorando a estrutura territorial das explotacións da zona. Cabe destacar que a meirande parte da superficie concentrada está dedicada a labradío, polo que esta parcelaria permitiu reducir os custos de produción das granxas da zona ao concentrarse a súa base territorial. Desde o ano 2020, a Xunta entregou preto de 22.000 títulos de 20 concentracións parcelarias que beneficiaron arredor de 9.100 propietarios, incluíndo a de hoxe. No ano 2021 decretáronse cinco novos procesos nos concellos de Ordes, Friol, Castro de Rei e Outeiro de Rei
O rexedor trasladou o interese de implementar esta figura de posta en valor nunha zona en estado de abandono do municipio
Inés Santé lembrou que xa se están tramitando polígonos agroforestais para aumentar o cultivo de viñedo amparado polas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei, e que este potencial se podería trasladar tamén ás IXP vitícolas. Ao tempo, enxalzou o proxecto “Viños das IXP de Galicia”, no que participan seis grupos de desenvolvemento rural coordinados polo GDR Pontevedra-Morrazo e 15 adegas, e que recibiu unha axuda da medida Leader de preto de 90.000 euros
No caso da de San Tomé, prevese rematar este ano os camiños secundarios que contan cun investimento de 1,2 millóns de euros, na de Cartelle culminarase a revisión cartográfica do acordo e na de Santa Baia daráselle firmeza ás bases. No encontro tamén se tratou a colaboración entre ambas administracións de cara á anticipación aos incendios forestais e en materia de infraestruturas rurais
Paxinación
