Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula esta presentación telemática, unha novidade que busca mellorar a eficiencia e axilidade do procedemento. A partir de agora, o Goberno galego priorizará as operacións enmarcadas en instrumentos de posta en valor como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as actuacións de xestión conxunta
Na segunda consulta lanzada en marzo, un total de 30 entidades públicas e privadas presentaron ata 56 propostas de solución que permitirán mellorar e completar os cinco retos deseñados en base ás 168 iniciativas recibidas na primeira fase. Refírense ao desenvolvemento dunha plataforma intelixente para a xestión de servizos no ámbito local e doutra para a trazabilidade e valorización de produtos das aldeas modelo, e a sistemas de axuda á decisión ou de enerxía integral. Coa información recompilada, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural espera deseñar e lanzar, nos próximos meses, as licitacións de compra pública de innovación que permitan desenvolver os proxectos que dean resposta aos retos presentados
Dispoñible no seguinte enlace, o visor proporciona datos gráficos e alfanuméricos das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das zonas preferentes para a implantación de polígonos de iniciativa pública mediante o uso de cartografía dixital. Tamén permite consultar -dentro dos ámbitos dos instrumentos- as parcelas e as súas referencias e fichas catastrais, así como facer medicións de distancias e áreas ou compartir o que estamos a ver nun determinado momento con outra persoa. A ferramenta foi desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración coa Consellería do Medio Rural
Este proceso reorganizou unha superficie de 223 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Pasouse dunhas 1.600 parcelas a uns 800 predios finais, duplicando así a superficie media das fincas e mellorando a estrutura territorial das explotacións da zona
Paxinación
