Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os directores xerais de Defensa do Monte e de Planificación e Ordenación Forestal asistiron á Comisión 7ª. Inés Santé puxo en valor os case 36 millóns de euros que se investirán nesta bisbarra ourensá por parte da Xunta e do Estado, uns fondos conseguidos grazas ás xestións levadas a cabo por parte do Goberno galego. Destes fondos, uns 16 millóns serán para modernizar o regadío, preto de catro -aportados pola Xunta- para a construción de 42 novos pozos de sondaxe de auga e os 16 restantes foron xestionados pola Consellería perante Madrid para a limpeza das canles e dos camiños paralelos. O director xeral de Defensa do Monte fixo balance dos lumes rexistrados no 2020 e no 2021. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal deu conta do traballo que realiza a Consellería para poñer couto ás plantacións ilegais e a outros incumprimentos no eido forestal

O conselleiro do Medio Rural reuniuse co delegado do Goberno en Galicia e co presidente da Sociedad Mercantil Estatal de Infraestructuras Agrarias-Seiasa. Na xuntanza abordáronse, xunto cos representantes dos regantes, os trámites necesarios para a execución dos 42 novos pozos de sondaxe de auga previstos. Estas actuacións enmárcanse no investimento de arredor de 36 millóns de euros que está previsto levar a cabo por parte da Xunta e o Estado na bisbarra, uns fondos que foron conseguidos grazas ás xestións levadas a cabo por parte do Goberno galego

O conselleiro do Medio Rural presidiu en Ourense a reunión da Comisión de seguimento de regadíos desta comarca. Destes fondos, 16 millóns servirán para modernizar o regadío, outros catro -aportados pola Xunta- serán para a construción de 42 pozos e os 16 restantes foron xestionados polo Goberno galego ante Madrid para a limpeza das canles e dos camiños paralelos. José González reiterou a súa chamada á colaboración institucional a prol da sustentabilidade da actividade agrogandeira nesta bisbarra ourensá

José González sinalou que a implantación desta ferramenta de recuperación e posta en valor da terra, recollida na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, permitirá poñer en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva. Comprometeuse a organizar neste municipio un curso sobre as competencias empresarias nas explotacións gandeiras e outro sobre a xestión de doenzas que afectan aos castiñeiros

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas