Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento participou no Foro Esenciais en bioeconomía, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera). Inés Santé puxo en valor esta iniciativa que conta cun orzamento inicial superior aos 5 millóns de euros, para obter solucións innovadoras que impulsen a recuperación dos núcleos rurais galegos. Na primeira consulta pública, 124 pemes e 44 corporacións presentaron un total de 168 propostas coas que dar resposta a un ou a varios dos retos propostos pola Consellería do Medio Rural
Inés Santé lembrou que no período 2014-2020 aprobáronse en Galicia case 1.500 proxectos Leader xestionados polos GDR, cunha axuda pública de 71,5 millóns de euros e que conseguiron consolidar 3.256 empregos e crear outros 933 novos postos de traballo
O conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños. Tamén se valorou a posible posta en marcha dunha aldea modelo no núcleo de San Xulián, así como o desenvolvemento de iniciativas de agricultura de precisión, neste caso aplicadas ao cultivo da vide
O conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza co alcalde desta localidade pontevedresa para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos seus veciños. Na última convocatoria, do período 2022-2023, correspóndelle unha achega de 117.377 euros, o que supón un incremento de case o 27% respecto da anterior
Paxinación
