Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Dous dos tres posibles polígonos de Paradela destinaríanse a viñedos, mentres que o terceiro buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona. En Galicia xa están declarados un total de 21 polígonos agroforestais que comprenden unha superficie de case 8.800 hectáreas e outras 21 aldeas modelo, que supoñen 574 hectáreas
Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta. Puxo en valor o proxecto “Son de monte”, que recibiu unha axuda de 72.000 euros do programa Leader co obxecto de que un total de seis grupos de desenvolvemento rural colaboren para a valorización da cultura vinculada ao monte
Inés Santé anunciou que os 24 grupos actuais foron preseleccionados para seguir á fronte da xestión do programa Leader no vindeiro período 2023-2027, tras cumprir todos eles coas condicións de admisibilidade esixidas. Puxo en valor a convocatoria de axudas para a execución de proxectos de cooperación, no marco da medida Leader, e que conta cun orzamento de case un millón de euros. Destacou o peso da muller en sectores relevantes para a economía galega e lembrou que mañá, sábado, se celebrará o Día Internacional da Muller Rural
Rustik é un proxecto interdisciplinario de ámbito internacional que contará co traballo de investigadores e de organismos responsables de aplicar políticas rurais en Europa cun orzamento global próximo aos 7 millóns de euros para os vindeiros catro anos. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, é un dos socios desta iniciativa que busca reforzar os procesos de transición cara a comunidades rurais máis resilientes, inclusivas, saudables e verdes. En total, participarán 31 socios procedentes de 10 países europeos (España, Austria, Alemaña, Eslovenia, Francia, Finlandia, Bulgaria, Italia, Polonia e Reino Unido)
Paxinación
