Novas

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Poderán realizar as achegas que consideren oportunas no prazo dun mes a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia

O vindeiro venres 18 de novembro, ás 13.00h, terá lugar o acto de entrega dos premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia na súa décimo terceira edición

Este novo portal está a centralizar o acceso a toda a información relativa á execución das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das agrupacións de xestión conxunta. O obxectivo do Sistema de Información de Terras de Galicia é garantir a transparencia sobre todos os traballos que se están a levar a cabo ao abeiro das distintas figuras, fomentando a participación pública para continuar coa súa posta en marcha. Nestes momentos, na nova web de Sitegal pódese acceder a sete seccións distintas, nas que se permite descargar 723 arquivos correspondentes a documentos, mapas, vídeos e presentacións. Proximamente estarán dispoñibles novas funcionalidades, como a ferramenta para a xestión do Banco de Explotacións ou unha aplicación de participación pública que servirá de apoio nas reunións con interesados nos instrumentos de recuperación

Inés Santé referiuse aos polígonos agroforestais impulsados en Cerdedo-Cotobade, Crecente e Tomiño, á aldea modelo aprobada no primeiro destes municipios e á que está en fase de recollida de sinaturas nas Neves. Asegurou que estas ferramentas recollidas na Lei de recuperación están poñendo en valor grandes superficies de terreo ou a contorna de núcleos de poboación, xerando actividade económica que contribúe a fixar poboación e a anticiparse aos incendios. En toda Galicia, estanse mobilizando máis de 9.300 hectáreas a través de 21 polígonos e doutras tantas aldeas modelo, beneficiando máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas