Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistirón este mediodía aos actos institucionais da XXXII Feira do Requeixo e o Mel no concello pontevedrés das Neves. Alí, salientou a importancia das producións agroalimentarias como axentes dinamizadores do medio rural, xa que contribúen a xerar emprego nestas contornas e a fixar poboación. Ademais, estas celebracións actúan como punto de encontro da veciñanza, favorecendo tamén a cohesión social da zona.
A conselleira do Medio Rural visitou esta tarde o complexo turístico Cabañas do Mar, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda ao abeiro deste programa. O programa Leader conta cun orzamento de 56,9 millóns de euros ata 2027, dos cales 17,6 millóns están destinados aos gastos de funcionamento, mentres que os 39,6 millóns restantes son para as operacións a terceiros.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou unha obras levadas a cabo ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2024/2025. A actuación consistiu no ensanche e pavimentación da vía no lugar de Veiguiña do Medio, situado na parroquia de Santa María de Sacos.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á clausura da 41ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), celebrada ao longo desta fin de semana na localidade lucense de Cospeito.
Paxinación
