Novas

A conselleira María José Gómez visitou esta mañá o Hotel O Cabazo, no concello lucense de Ribadeo, que vén de mellorar as súas instalacións grazas a unha achega do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda ao abeiro desta medida. A reforma das instalacións contou cun investimento de algo máis de 128.000 euros para derrubar a primeira fase do hotel e poder construír 12 habitacións novas, que reúnen as características necesarias para aumentar a categoría do establecemento. ómez lembrou que a finais do mes de abril publicouse convocatoria das achegas para a execución en apoio de terceiras persoas ao abeiro desta intervención dotadas cun orzamento de 12,6 millóns de euros, e que inclúen por primeira vez o Bono Activa Rural.

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, esta mañá, un encontro coa directora xeral de Desenvolvemento Rural e de AGADER Paz Rodríguez, para abordar os retos que teñen por diante os concellos rurais da provincia da Coruña.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta tarde unha xuntanza co alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez. O encontro, que se celebrou na sede da Delegación territorial da Xunta, serviu para avanzar, entre outros asuntos, na colaboración entre o Goberno galego e este Concello ourensán en materia de mellora de infraestruturas rurais.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán. A xuntanza serviu para coñecer as necesidades da localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento e as infraestruturas rurais, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas