Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A conselleira do Medio Rural visitou o Museo do Lebre, proxecto que foi apoiado a través da intervención Leader cun investimento de preto de 66.000 euros para a súa posta en marcha. En breve, publicarase unha nova convocatoria das axudas para a execución de operación de apoio a terceiras persoas, ao abeiro do Leader, cun orzamento de 12,6 millóns de euros que se xestionarán a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural. Gómez resaltou que este ano inclúese como novidade o Bono Activa Rural destinado á creación de actividades non agrarias nestas contornas. Ademais, tamén puxo en valor as achegas para a mellora de camiños cun investimento de preto de 70.000 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-26.
A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinaron esta mañá a cesión. Estes predios -que se integran na relación de parcelas da Masa Común da parcelaria-, pasan agora a formar parte das adxudicacións do Concello despois de que este solicitara a súa cesión para fins de interese xeral.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes da Xunta local da parcelaria de Catoira-Zona Norte, que abrangue unha superficie de 877 hectáreas. Nesta xuntanza deuse traslado da situación actual desta concentración parcelaria; así como das actuacións que se levarán a cabo ao longo deste ano 2025.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistirón este mediodía aos actos institucionais da XXXII Feira do Requeixo e o Mel no concello pontevedrés das Neves. Alí, salientou a importancia das producións agroalimentarias como axentes dinamizadores do medio rural, xa que contribúen a xerar emprego nestas contornas e a fixar poboación. Ademais, estas celebracións actúan como punto de encontro da veciñanza, favorecendo tamén a cohesión social da zona.
Paxinación
