Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe na presentación das novidades da 11ª edición deste certame, que ofrecerá un bono de asesoramento aos 10 finalistas. Os beneficiarios recibirán acompañamento estratéxico individualizado, axuda na optimización do modelo de negocio, na xestión financeira eficiente e na creación de redes e oportunidades de colaboración.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Guntín, Ángel Pérez, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio lucense. A xuntanza serviu para coñecer as necesidades da localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento rural, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá coa alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez. Nesta xuntanza avaliaron a posibilidade de implantar instrumentos de recuperación da terra agraria nesta localidade, co obxectivo de poñer en produción terras de boa capacidade produtiva que se atopen en estado de abandono ou infrautilización. Asemade, estudaron as necesidades desta localidade en termos de mellora de infraestruturas agrarias.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe en Curtis nunha reunión de traballo con representantes da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), na que afondaron na súa colaboración a prol da mellora destas contornas.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas