Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán. A xuntanza serviu para coñecer as necesidades da localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento rural, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se incrementa en 400.000 euros o orzamento inicial. O obxectivo destas achegas é reforzar o tecido socioeconómico no rural e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos e á consolidación dos existentes e consolidar e impulsar tamén a dinamización económica destes territorios.

Estes fondos xestionaranse a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras. Poderanse beneficiar destas axudas as entidades públicas de carácter local ou comarcal, as persoas físicas e xurídicas e as comunidades de montes en man común, así como as súas mancomunidades.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación desta figura contemplada na Lei de recuperación da terra agraria, que abrangue unha superficie de 64 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 70 titulares catastrais. A actividade principal será a gandaría en extensivo e cultivos complementarios á explotación, á que se lle poderá engadir o cultivo agrícola e a plantación de árbores para a obtención de froito. Este é un dos 34 polígonos agroforestais en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas