Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu hoxe ao Foro Rural Sustentable que se está a levar a cabo ao longo da xornada de hoxe na localidade lucense de Chantada. Alí, salientou o papel de eventos deste tipo a prol da dinamización e desenvolvemento das zonas rurais.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, mantiveron este mediodía unha reunión na que abordaron a posibilidade de establecer diferentes vías de colaboración a prol do rural deste municipio pontevedrés.

A conselleira visitou esta mañá as instalacións, situadas na antiga fábrica de curtidos da familia Cadarso, que puideron rehabilitarse grazas ao impulso do Grupo de Desenvolvemento Rural Deloa. O Leader ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa, baseada nun enfoque de abaixo cara arriba, garantindo a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas. María José Gómez lembrou que o Consello da Xunta aprobou a pasada semana a convocatoria de 2025 das achegas para a execución de operacións de apoio a terceiros para que sexan xestionadas polos GDR, cun orzamento de 12,6 millóns de euros.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde do concello ourensán da Arnoia, Rodrigo Aparicio, para tratar algunhas cuestións de interese para esta localidade.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas