Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e os concellos terán de prazo un mes dende mañá para presentar a súas solicitudes. Son subvencionables aquelas actuacións de ampliación, de mellora, e mantemento deste tipo de vías. Enténdese por camiño aquel que sexa de titularidade municipal e que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, a cando menos dúas parcelas agrícolas.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, que busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural. As solicitudes de subvención poderán presentarse no prazo dun mes contando a partir de mañá.
A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde co alcalde, Jorge Cubela, para afondar en diferentes vías de cooperación relacionadas coa recuperación de terras e as infraestruturas rurais, entre outros eidos. Avaliáronse os progresos rexistrados no desenvolvemento do polígono agroforestal de Vilalén-Tomonde e na aldea modelo de Mouteira-Parada.
A conselleira María José Gómez visitou estas instalacións, que se reformaron cun investimento de algo máis de 50.000 euros procedente da medida Leader. Este tipo de iniciativas contribúen a mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio para dinamizar o tecido socioeconómico destas zonas. Mentres o programa Leader estivo incluído na medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) mobilizáronse algo máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns para operacións a terceiros.
Paxinación
