Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu esta mañá á sinatura do convenio de colaboración entre a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e a Corporación Hijos de Rivera, co que favorecerán a dinamización de terras a través do impulso do cultivo de lúpulo nas Mariñas Coruñesas.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo. Nesta xuntanza abordaron os avances realizados nas concentracións parcelarias deste municipio, que permitirán reorganizar a estrutura territorial de 2.451 hectáreas de superficie, beneficiando 833 titulares. Así, Rodríguez lembrou a importancia destes instrumentos, que procuran acadar unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.
A titular do departamento asistiu esta mañá a este evento, ao que definiu como unha das citas gastronómicas máis importantes da comunidade. María José Gómez sinalou que se trata dunha moi boa oportunidade para poñer en valor as producións agroalimentarias que se realizan desde as contornas rurais, favorecendo a fixación de poboación nestas zonas.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde das Somozas, Juan Alonso Tebra. Este encontro serviu para presentar o procedemento de elaboración do catálogo de solos e para concretar os trámites a seguir para a súa aprobación.
Paxinación
