Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, xunto co presidente da Asociación dos Grupos de Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso, mantivo hoxe unha reunión con representantes Zwit Project. Este encontro serviu para avaliar un proxecto de cooperación de territorios rurais intelixentes.
A titular deste departamento, María José Gómez, asinou esta mañá un novo convenio coa Comunidade Xeral de Regantes Nova Limia para garantir a viabilidade financeira das actuacións de aproveitamento deste regadío. Poderanse levar a cabo as obras de modernización contempladas no convenio asinado entre a Comunidade de Regantes e a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa) do Plan de Recuperación, Tranformación e Resiliencia da Economía Española. Gómez asegurou que se trata dunha “actuación estratéxica” que traerá consigo importantes repercusións positivas tanto para o desenvolvemento socioeconómico da zona como para a potenciación do sector agrario da comarca.
Estes fondos serven para o arranxo e mellora de camiños de titularidade municipal. A conselleira María José Gómez visitou hoxe as obras no lugar de Vilar de Santiago, en Riotorto. Salientou a importancia das infraestruturas viarias para as contornas rurais, xa que xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo nestas zonas.
A conselleira, María José Gómez, visitou diferentes centros relacionados coa posta en valor das producións locais, que definiu como claves no desenvolvemento e dinamización da súa economía. A Xunta destinou máis de 350.000 euros á posta en marcha da aldea modelo de Meixide, neste termo municipal, e vén colaborando co Concello en materia de fomento forestal e de defensa contra incendios.
Paxinación
