Miga de pan
- Inicio
- Novas
Menu principal AGADER
Novas
Estes fondos serven para o arranxo e mellora de camiños de titularidade municipal. A conselleira María José Gómez visitou hoxe as obras no lugar de Vilar de Santiago, en Riotorto. Salientou a importancia das infraestruturas viarias para as contornas rurais, xa que xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo nestas zonas.
A conselleira, María José Gómez, visitou diferentes centros relacionados coa posta en valor das producións locais, que definiu como claves no desenvolvemento e dinamización da súa economía. A Xunta destinou máis de 350.000 euros á posta en marcha da aldea modelo de Meixide, neste termo municipal, e vén colaborando co Concello en materia de fomento forestal e de defensa contra incendios.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde do concello coruñés de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, na que se avaliaron diversas cuestións de interese para esta localidade vencelladas co desenvolvemento rural do municipio e a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrarias.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Francisco Bello, para avaliar iniciativas postas en marcha polo Goberno autonómico en materia de desenvolvemento rural.
Paxinación
