Novas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde do concello coruñés de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, na que se avaliaron diversas cuestións de interese para esta localidade vencelladas co desenvolvemento rural do municipio e a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrarias.  

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe co presidente da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Francisco Bello, para avaliar iniciativas postas en marcha polo Goberno autonómico en materia de desenvolvemento rural.

Medio Rural estuda os avances na recuperación e mobilización de terras no concello de Curtis

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e pola vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia, visitou o CEIP Plurilingüe de Nadela en Lugo, onde puido coñecer o proxecto documental integrado O mundo que queremos.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas