Novas

A conselleira do Medio Rural visitou unha serie de actuacións levadas a cabo no municipio, entre as que se atopan tamén o acondicionamento do mercado municipal e a mellora de camiños, cun investimento total duns 680.000 euros. María José Gómez tamén se desprazou aos terreos nos que está proxectada a posta en marcha do polígono agroforestal de Mandelos, que abranguerá unha superficie de 45,04 hectáreas de 183 propietarios.

Acordo do 29 de novembro de 2024 de puntuación PROVISIONAL primeira fase.

A conselleira María José Gómez visitou a almazara da Arnoia, en Ourense, e definiu esta construción como un exemplo de patrimonio arquitectónico vinculado ao rural. Destacou as medidas da Xunta para mobilizar terras e poñelas en produción, tales como as parcelarias ou as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria. Sinalou que a Xunta apoia os cultivos emerxentes con medidas de ordenación, fomento e promoción, tales como leis, axudas ao sector ou campañas de divulgación.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas