Novas

A conselleira María José Gómez visitou a almazara da Arnoia, en Ourense, e definiu esta construción como un exemplo de patrimonio arquitectónico vinculado ao rural. Destacou as medidas da Xunta para mobilizar terras e poñelas en produción, tales como as parcelarias ou as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria. Sinalou que a Xunta apoia os cultivos emerxentes con medidas de ordenación, fomento e promoción, tales como leis, axudas ao sector ou campañas de divulgación.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Agader, Paz Rodríguez, e a alcaldesa da localidade, Mónica Rodríguez, reuníronse para avaliar os progresos neste proceso.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu esta tarde á proxección de 1as Olimpíadas Rurais de Galicia, un documental que narra a historia desta proba deportiva pioneira, celebrada no concello lucense de Friol o pasado mes de xuño. A directora xeral, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Ángel Santos, puxo de relevo esta iniciativa e destacouna como un “bo exemplo” de dinamización social, económica e cultural nas contornas rurais da nosa comunidade.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas