Novas

Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se publica a lista DEFINITIVA de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural).

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, adianta que as 64 hectáreas de 115 propietarios mobilizadas no polígono agroforestal do concello ourensán sairán a concorrencia pública antes de final de ano. Gómez visitou tamén a aldea modelo de Carzoá, logo de que remataran os traballos de agrupación doutras 60 hectáreas de máis de 200 propietarios que se destinarán a unha explotación de gando en extensivo. A titular de Medio Rural reafirma a aposta da Xunta polos procesos de mobilización, a través de ferramentas como as parcelarias ou os instrumentos da Lei de recuperación da terra, con outros 20 M€ nos orzamentos para o 2025.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitou un dos camiños deste concello lugués que foi beneficiario das axudas ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria 2023-2024. Dentro deste plan, Bóveda recibiu unha achega por importe de 128.883 euros.

Resolución do 22 de outubro de 2024 pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural).

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas