Novas

Como novidade, neste período incorpórase a figura do retornado galego nos criterios de adxudicación de predios para aproveitamentos agrícolas e gandeiros e a asignación dunha puntuación ao mesmo. Os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como o Banco, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional. O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten.

O director de Turismo participou no foro Fontes-Patrimonio da Humanidade: coñecemento para conservar para impulsar a declaración mundial da UNESCO. Salientou a aposta firme do Goberno autonómico para velar pola execución dos fondos europeos Next Generation que se destinan a esta zona nos vindeiros anos. Recordou que nos primeiros nove meses deste 2024 foi visitada por máis de 130.000 persoas, algo que supuxo un incremento da rendibilidade hoteleira de 5%. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural salientou o papel da entidade como enlace entre o desenvolvemento rural e a xestión territorial.

Resolución do 28 de outubro de 2024 pola que se publica a lista DEFINITIVA de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural).

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, adianta que as 64 hectáreas de 115 propietarios mobilizadas no polígono agroforestal do concello ourensán sairán a concorrencia pública antes de final de ano. Gómez visitou tamén a aldea modelo de Carzoá, logo de que remataran os traballos de agrupación doutras 60 hectáreas de máis de 200 propietarios que se destinarán a unha explotación de gando en extensivo. A titular de Medio Rural reafirma a aposta da Xunta polos procesos de mobilización, a través de ferramentas como as parcelarias ou os instrumentos da Lei de recuperación da terra, con outros 20 M€ nos orzamentos para o 2025.

boton subscribirse
Fai clic se queres recibir as nosas novas